UN PRODUCTO CON MOITA HISTORIA

O Queixo do Cebreiro é un queixo fresco de pasta branca, branda e granulosa, elaborado con leite de vaca. Totalmente natural sen conservantes nin aditivos.

CÓMIC SOBRE O PROCESO DE ELABORACIÓN DO QUEIXO DO CEBREIRO

ORIXE

A zona de producción abrangue trece municipios da comarca oriental de Lugo. O leite utilizado é o do gando vacún saneado das razas Rubia Galega, Pardo Alpina e Frisona, criadas na zona. O queixo elabórase con leite entera pasteurizada e cuajo de orixe animal u outros autorizados.



CARACTERÍSTICAS

Queixo con forma de fungo, cunha base cilíndrica de diámetro variable a dun sombreiro lixeiramente máis ancho. Está elaborado sen ningún tipo de aditivo nin conservante, de xeito completamente natural.
O seu contido en materia graxa estará comprendido entre o 45 e o 60 por 100. O peso pode variar entre 0,3 e 2 Kgr. cunha humidade superior ó 50 por 100.



PRESENTACIÓN

En unidades etiquetadas, e con unha contraetiqueta numerada que fai referencia a súa condición de Denominación de Orixe Protexida.



NORMATIVA LEGAL

Esta Denominación está recoñecida por Orden da Consellería de Pólitica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia de 21-12-04 e publicada no D.O.G. de 29-12-04.


info@cebreiro.es